GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno Central reduce á Xunta un 65% en gasto social destinado a políticas migratorias

(06/04/2010)

O Goberno Central reduce á Xunta un 65% en gasto social destinado a políticas migratorias

Tódalas autonomías verán recortado o gasto en políticas migratorias nun 65%.

Galicia contará con 2.002.641 euros menos que en 2009, trala notificación da Secretaría de Estado de Inmigración, , cando hai uns meses fora anunciado que a merma era xa dun 50%.

O Ministerio de Traballo e Inmigración vén de confirmar un recorte do Fondo que vai dos 200 millóns de euros presupostados en 2009 aos 70 millóns actuais a repartir entre o conxunto das autonomías.

A medida afecta directamente ao Fondo de Apoio para a Acollida, Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes, referente para o traballo en materia de integración social do colectivo.

 

Santiago, 1 de abril de 2010. – A Xunta de Galicia, a través da Secretaría xeral da Emigración, recibirá do goberno central 2.002.641 euros menos que en 2009 para políticas migratorias.

A notificación- na que a Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración informaba da decisión adoitada- foi remitida esta mesma semana e tras anunciar hai uns meses que a merma en gasto social para o colectivo sería dun 50%, cando finalmente a reducción acadará ata o 65%.

A medida afecta directamente ao Fondo de Apoio para a Acollida, Integración e Reforzo Educativo dos Inmigrantes, referente para o traballo en materia de integración social do colectivo. Así a cantidade final que recibirán o conxunto das as comunidades para a acollida, a integración e o reforzo educativo pasa dos 200 millóns presupostados inicialmente a 70 millóns de euros.

Unanimidade das comunidades autónomas

Galicia súmase ao resto de comunidades autónomas no rexeitamento deste recorte do Fondo que reciben as autonomías, a fin de poder levar a cabo unha política integral de inmigración na que se fai indispensable a cooperación entre as distintas administracións.

Drástica reducción en gasto social

Este descenso do 65% na partida referida á integración de inmigrantes enmárcase no axuste dos Presupuestos Generales del Estado que emprendeu o Goberno central o pasado mes de febreiro para implantar "austeridade", fronte á crise económica, o que supón unha drástica reducción en gasto social.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas