GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración española Anna Terrón reuniuse coa comisaria europea de Interior

(06/04/2010)

A secretaria de Estado de Inmigración e Emigración española Anna Terrón reuniuse coa comisaria europea de Interior

Por Efe 05/04/2010 

A secretaria de Estado española de Inmigración, Anna Terrón, reuniuse coa comisaria europea de Interior, Cecilia Malmstrom, en relación coa proposta sobre inmigrantes menores de idade non acompañados que a Comisión Europea ten intención de presentar o próximo 5 de maio.
A regulación a nivel comunitario da situación destes nenos e adolescentes que foxen dos seus países sen os seus pais, normalmente da man de traficantes de persoas, é unha prioridade para a Presidencia Española da UE, que espera que se poidan adoptar medidas antes do 30 de xuño.
España presentou formalmente en setembro aos seus socios comunitarios a súa petición de adoptar un plan de acción que comprenda medidas de prevención e que facilite o retorno asistido dos menores ás súas familias ou a institucións de tutela nos países de orixe, garantindo a protección do menor en todo momento.Trátase na súa maioría de homes de entre 14 e 18 anos, que se atopan acollidos en centros de urxencia en distintos puntos da costa europea, á espera de que se resolva a súa situación legal. Só nas Illas Canarias existen 30 centros para estranxeiros, que acolleron a máis de 6.000 nenos nos últimos dez anos. Por iso, unha das medidas que quere impulsar a Presidencia Española da UE é un plan de formación de persoal que atenda aos menores nestes centros.
Na súa reunión con Malmstrom, que tivo lugar o luns en Bruxelas, Terrón ultimou así mesmo o contido da próxima conferencia ministerial da UE en Zaragoza do 15 e 16 de abril, onde deben sentar as bases da política comunitaria de Integración, un novo ámbito de actuación europea previsto polo Tratado de Lisboa.
Segundo Terrón, "hai coincidencia de intereses entre a Comisión Europea e a Presidencia Española para poder fixar as bases de traballo sobre as cuestións de integración como un dos alicerces básicos dentro da política de inmigración comunitaria".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas