GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes que cobran o subsidio asistencial de desemprego triplicáronse en 2009

(05/04/2010)

Os inmigrantes que cobran o subsidio asistencial de desemprego triplicáronse en 2009

3/04/2010 - 13:47

MADRID, 03 (SERVIMEDIA)

A cifra de inmigrantes que acceden ao subsidio asistencial por desemprego triplicouse durante o ano pasado, ao pasar de 59.635 en decembro de 2008 a 178.830 no pasado mes de xaneiro, segundo datos do Ministerio de Traballo e Inmigración recollidos por Servimedia.

A esta cifra súmanse os 58.689 estranxeiros que en xaneiro percibiron os 421 euros do programa temporal de protección por desemprego e inserción.

En total, os inmigrantes beneficiarios dalgunha prestación de nivel asistencial ascenderon en xaneiro a 239.952, case catro veces máis que os 62.200 que había en decembro de 2008.

Este incremento de beneficiarios de prestacións asistenciais contrasta co descenso rexistrado entre aqueles que cobran o desemprego contributivo, que en decembro de 2008 eran 245.771 e agora son 230.079.

Esta evolución dispar provoca que en xaneiro, por primeira vez na serie histórica haxa máis inmigrantes cobrando prestacións asistenciais que contributivas.

En canto ao resto de prestacións asistenciais, os beneficiarios da renda agraria aumentaron un 64% neste período, pasando de 125 a 205. Pola súa banda, os traballadores eventuais agrarios reducíronse en 212, ata os 2.228.

Para rematar, os beneficiarios estranxeiros da renda activa de inserción, vinculada a actividades de formación, duplicáronse neste período, pasando de 3.982 en decembro de 2008 a 8.091 en xaneiro deste ano.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas