GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia Emigración convoca o concurso infantil 'O camiño da migración'

(25/03/2010)

Galicia Emigración convoca o concurso infantil 'O camiño da migración' 

Lri - Santiago - 25-03-2010

A Fundación Galicia Emigración- en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria- convoca o concurso de debuxo O Camiño da migración orientado a alumnos de quinto e sexto de Primaria.
Un momento del espectáculo Santimbanco, del Circo del Sol.

Un momento do espectáculo Santimbanco, do Circo do Sol.

O fin último é fomentar a interculturalidade e o respecto a diferenza, sen discriminación algunha, a través dunha manifestación artística como é a pintura. Así, recollerase a propia visión dos alumnos participantes sobre a convivencia entre persoas de diferentes países, razas e culturas como forma de enriquecernos, vinculado á idea de persoas 'en Camiño'.

A través deste concurso búscase relacionar ao Camiño de Santiago cos movementos migratorios, tendo en conta que o camiño de Santiago foi o comezo da integración do territorio peninsular en Europa.

Bases

Todos os debuxos serán orixinais e poderán realizarse con calquera material e técnica. Ademais no debuxo hai posibilidade de incluír o texto que se considere alusivo á temática do concurso. As creacións serán inéditas, e non poden obter premios ou accésits noutros certames.

A recepción dos debuxos farase na sede da Fundación Galicia Emigración- Rúa do Vilar, nº. 15. Santiago-, ata o próximo 13 de abril.

Os debuxos serán premiados de acordo coas seguintes categorías; catro primeiros premios: consistentes cada un deles nunha bicicleta; catro segundos premios: consistentes cada un deles en dúas entradas para o espectáculo 'Saltimbanco' do Circo do Sol- que terá lugar en Santiago de Compostela do 21 ao 25 de abril de 2010- e catro terceiros premios: consistentes cada un deles nun lote de libros e material escolar. Así mesmo, os colexios ou centros dos alumnos premiados recibirán un diploma de recoñecemento.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas