GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Secretario Xeral da Emigración reúnese en Córdoba (Arxentina) co Secretario de Turismo para establecer lazos de colaboración

(23/03/2010)

O Secretario Xeral da Emigración reúnese en Córdoba (Arxentina) co Secretario de Turismo para establecer lazos de colaboración

Santiago Camba reuniuse este luns con José Jaime García Vieyra con quen analizou vías de cooperación entre Galicia e Córdoba respecto das rutas culturais e turísticas, entre outros aspectos

Córdoba, 22 de marzo de 2010.- O Secretario de Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, reuniuse este luns co Secretario de Cultura da Provincia de Córdoba, José Jaime García Vieyra, con quen analizou vías de colaboración e cooperación entre os dous executivos rexionais.

Segundo manifestou o propio García Vieyra tralo encontro, esta primeira xuntanza que ten como principal obxectivo a colaboración da Secretaría de Cultura do Goberno de Córdoba e a Xunta de Galicia para traer a esta provincia arxentina a mostra “Olladas no Camiño de Santiago. Xacobeo 2010”, tamén serviu para presentar o proxecto cordobés do “Camiño Real”. “Estamos moi contentos e moi satisfeitos”, indicou García Vieyra.

Pola súa banda, Santiago Camba subliñou que avanzou co Goberno de Córdoba “distintos aspectos nos que estamos vencellados”. “Esta provincia ten o Camiño Real e nós temos o Camiño de Santiago”, dixo e engadiu que “nese sentido estivemos vendo de establecer vías de cooperación e colaboración que poden ser importantes tanto para Córdoba como para Galicia”.

No encontro, celebrado no Pazo da Secretaría de Cultura do Goberno da Provincia, tamén participaron o Cónsul Xeral de España en Córdoba, Rafael Soriano Ortíz, e o Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro.

Casa Galicia de Córdoba e inauguración da exposición

Dentro desta axenda institucional da súa viaxe a Córdoba, o Secretario Xeral da Emigración tamén visitará as instalacións de Casa de España e Casa Galicia de Córdoba, acompañado polo Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires, Alejandro López Dobarro. E, máis tarde, inaugurará, xunto co Secretario de Cultura da Provincia de Córdoba, a mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago, no Paseo del Buen Pastor.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas