GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 100.000 inmigrantes regularizáronse en España en 2009, un 20% máis que en 2008

(22/03/2010)

Máis de 100.000 inmigrantes regularizáronse en España en 2009, un 20% máis que en 2008 






Disminue a entrada de estranxeiros con contrato de traballo, con caídas por encima do 90 por cento

MADRID, 21 (OTR/PRESS)
Ao redor de 100.000 inmigrantes, moitos deles menores de idade e persoas con arraigamento, accederon en 2009 a un permiso de residencia "por motivos excepcionais", o que supón un incremento dun 20% respecto ao exercicio anterior. Ademais, o número de inmigrantes que entran en España con contrato de traballo, é dicir, en situación legal, reduciuse ao nivel máis baixo nos últimos cinco anos.

Segundo datos oficiais, o ano pasado concedeuse o permiso de residencia por motivos excepcionais a 100.193 persoas, un 19,6% máis que en 2008. Esta cifra é trece veces a rexistrada en 2006, cando foron 7.427 os inmigrantes que obtiveron os "papeis" por esta vía. Do total de estranxeiros nesta situación, 80.362 -un 24% máis que en 2008- se expediron a estranxeiros que se acolleron á figura do arraigamento social, que permite conseguir a documentación a aqueles inmigrantes sen antecedentes penais que poden acreditar máis de tres anos de residencia continuada en España, un contrato de traballo e certos vínculos co país.

Ademais, se expediron 17.838 permisos "excepcionais" para nenos inmigrantes, o que supón un incremento do 7,6% respecto ao ano anterior, cando foron 16.571 as autorizacións concedidas. Desde 2007, o Goberno autorizou a residencia por esta vía a máis de 43.600 menores estranxeiros, entre os que figuran tanto nenos que chegaron a España sen compañía dun adulto como os fillos españois ou residentes que naceron fóra do país.

As autorizacións excepcionais poden concederse ademais por acreditar unha situación de arraigamento laboral (dous anos de residencia continuada en España e máis dun traballando) e pola circunstancia de ser fillo dun español. No primeiro caso, concedéronse 1.226 permisos, un centenar menos que en 2008; mentres que no segundo, tamén se rexistrou un descenso e pasou de 920 autorizacións en 2008 a 767 en 2009.

CAÍDA DA ENTRADA CON "PAPEIS"
De forma paralela, prodúcese unha caída dos permisos concedidos para a entrada legal en España. En total, as autorizacións iniciais de residencia contáronse por 116.361, o nivel máis baixo en máis dun lustro, pois en 2004 foron 273.590 os cartóns expedidos.

Así, as autorizacións de residencia e traballo por conta allea pasaron das 136.604 expedidas en 2008 a menos de 16.000 o ano pasado, cunha caída do 88,3%. Desde 2004, o número de permisos concedidos a estranxeiros que solicitaron traballar en España estivo sempre por encima dos 100.000.

Respecto dos permisos de traballadores do continxente, aproxímanse a cero" como anunciou no seu día o Ministerio de Traballo e Inmigración, cunha redución do 98% -das 1.380 autorizacións asinadas en 2008 ás 17 que se aprobaron en 2009-. Ademais, os contratos de tempada disminuiron de 41.339 a 3.394, cando desde o ano 2004 non baixaran de 30.000.

En canto ás autorizacións de residencia por reagrupación familiar, o Executivo concedeu o ano pasado un total de 63.944, o que supón unha caída superior ao 30% respecto dos máis de 95.410 inmigrantes que entraron legalmente no país traídos por algún parente no ano 2008.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas