GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Babel porteño empeza en Galicia

(16/03/2010)

O Babel porteño empeza en Galicia

Bos Aires abrirá unha biblioteca con libros en galego que envía a Xunta.

Alejandra Ramírez, directora xeral do Libro de Bos Aires, na sección de galego na Casa de la Lectura del barrio Villa Crespo.- A. P. M.

O mito da Torre de Babel comenzou a facerse realidade en Bos Aires e o destino quixo que o galego sexa a primeira lingua escollida para formar parte dos seus cimentos. A finais de abril, a biblioteca Julio Cortázar da capital arxentina abrirá unha sección que levará o nome de Rosalía de Castro e que estará formada por cerca de 900 libros escritos na sua maioría en galego e algúns en castellán e inglés pero con temática galega. A lingua da comunidade autónoma foi a elexida para iniciar un ambicioso proxecto do Ministerio de Cultura de Arxentina que pretende encher as bibliotecas da cidade de libros escritos nos idiomas empreados polas distintas nacionalidades que conviven nela. A biblioteca Rosalía de Castro abrirase oficialmente a finais de abril, en coincidencia coa feira do libro que se celebra cada ano na capital porteña.

A directora xeral do Libro de Bos Aires, Alejandra Ramírez, apunta que un dos obxectivos desta iniciativa é recuperar o uso das linguas dos emigrantes que chegaron a Arxentina fai moitas décadas, como é o caso dos galegos. A idea é que cada lingua teña un espazo diferenciado en algunha das cerca de 30 bibliotecas públicas que forman a rede da cidade e finalmente poder chegar a reunir todolos libros nunha gran biblioteca multilingüe. Bos Aires será a capital mundial do libro en 2011 e en abril dese mesmo ano está prevista a creación dunha simbólica biblioteca de Babel na céntrica avenida 9 de Julio.

"Buenos Aires es una ciudad de encuentro de culturas y para nosotros es muy importante que las personas que viven en ella puedan tener acceso a las lenguas de sus lugares de origen", sinala Ramírez, quen é de orixe español e recorda que a sua bisaboa era de Santiago. O seu interese pola literatura galega levoulle a elixir o nome da poetisa de Padrón para a primeira biblioteca pública dun idioma distinto ao castelán coa que contará Bos Aires. Despois do galego está prevista a creación doutras con libros en rumano, portugués, catalán e vasco. "Con Galicia nos unen muchas cosas y estamos interesados en que las nuevas generaciones de descendientes de gallegos que viven en la ciudad recuperen el interés por la lengua de sus antepasados", conclue Ramírez.

O embrión deste proxecto foi a celebración do Festival Internacional de Teatro na capital arxentina, o pasado ano. Durante ese certamen puxose en marcha a sección Babel, a biblioteca, na que se invitou a grupos teatrais de vinte colectividades a presentar sobre o escenario textos na sua lingua de orixe. En galego representouse A noite vai coma un río de Alvaro Cunqueiro, a cargo de alumnos do colexio Santiago Apóstol de Bos Aires.

O delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, explica que a idea surgió ao ver a gran demanda que existe por parte da colectividade para poder acceder á literatura escrita na lingua da sua terra de orixe. En Bos Aires é prácticamente imposible encontrar libros en galego nas librerías e hai que recurrir a lugares como a biblioteca do Centro Galego para atopar exemplares. As dificultades non impiden que o afán por leer en galego fixera posible que exista desde fai anos un club de lectura no famoso Café Tortoni, que se reúne unha vez por mes para leer a autores da literatura galega.

A biblioteca Julio Cortázar, na que se integran os libros enviados pola Consellería de Cultura, foi elixida por contar cun amplio horario de atención ao público que permitirá a todolos interesados nos autores galegos acceder de forma sinxela e gratuita aos seus fondos. Entre os autores que se poderán atopar alí figuran clásicos como a propia Rosalía, Castelao ou Celso Emilio Ferreiro xunto a escritores contemporáneos como Manuel Rivas, Suso de Toro, Manuel Lourenzo e Alfredo Conde. As temáticas e xéneros son moi variados xa que hai novelas, obras de teatro, poesía, libros de historia, ensaios, obras didáctica...

A fórmula da donación de libros é la ideal para evitar os complicados trámites burocráticos que supón a importación de bens culturais en Arxentina. López Dobarro sinala que esta iniciativa é só o comezo dun plano que inclue a donación de libros á Biblioteca Nacional arxentina e tamén se pretende levar a literatura galega ás cidades do interior do país que contan con importante presencia de galegos. Polo momento, os nomes de Rosalía e Cortázar xa quedaron unidos por unha iniciativa que seguro vai a contribuir a que o galego sexa unha lingua todavía máis viva na cidade máis grande de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas