GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes non deterán o envellecemento da poboación, pero si darán respiro

(16/03/2010)

Os inmigrantes non deterán o envellecemento da poboación, pero si darán respiro

EFE , Madrid
Os inmigrantes non poderán deter a longo prazo o envellecemento da poboación española, pero si atrasalo lixeiramente a través de dúas vías: a entrada de mozos susceptibles de acceder ao mundo laboral e o aumento do número de nacementos.

É unha das principais conclusións dun estudo do Real Instituto Elcano sobre esta cuestión, asinado pola profesora do Consello Superior de Investigacións Científicas, Teresa Castro.

Os seus resultados indican que a pesar de que o impacto "rexuvenecedor" da inmigración sobre a poboación local sexa "lixeiro", non é "desdeñable", xa que permite aumentar a marxe de manobra para afrontar os retos do envellecemento e "o novo (des)equilibrio inter-xeracional".

Ademais, a interrelación inmigrantes-envellecemento transcende o terreo demográfico: no contexto actual de escaso desenvolvemento dos servizos públicos de atención aos maiores, os inmigrantes están cubrindo unha parte importante da demanda de coidados.

Esta demanda subirá no futuro e a inmigración seguirá sendo, xunto cunhas redes familiares máis reducidas que as actuais, un recurso crave para compensar as carencias do Estado do Benestar na atención aos maiores, sostén a profesora do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do CSIC.

Os estranxeiros non frearán o envellecemento por varios motivos, en primeiro lugar, eles tamén envellecen e xeran dereitos para obter pensións e, en segundo lugar, a fecundidade das estranxeiras -aínda que superior á das españolas-, tampouco é moi elevada e prevese unha adaptación ás pautas reprodutivas do país.

En resumo, a inmigración non é a solución a este fenómeno, pero non por iso é irrelevante para afrontar as súas consecuencias.

A maioría dos estudos recomendan un abanico de políticas a longo prazo dirixidas a aumentar a fecundidade (máis conciliación e acceso ao mercado laboral) e incremento da capacidade reprodutiva da poboación activa (maior investimento en educación), combinado cun fluxo sostido de inmigración para garantir as pensións e a protección social.

Segundo o padrón, o peso da poboación estranxeira residente en España aumentou do 2,3 por cento no ano 2000 ao 12 por cento en 2009.

Entre 2000 e 2009 a poboación en España aumentou dos 40,5 millóns a 46,7 millóns, e nada menos que o 89 por cento deste crecemento debeuse ao saldo migratorio e só o 11 por cento ao crecemento natural (defuncións menos nacementos).

Ademais unha parte considerable do crecemento natural pode atribuírse aos estranxeiros, a través da súa contribución ao aumento de nacementos.

De acordo con simulacións de Eurostat, en ausencia de inmigración, España perdería en 2060 un 20 por cento da poboación coa que contaba en 2008, mentres que en presenza de inmigración -asúmese unha media de 225.000 entradas anuais- a poboación aumentaría un 15 por cento respecto ao nivel actual.

En relación á estrutura de idade, a variante sen inmigración prevé para 2060 un cociente de 74 persoas en idade de xubilación por cada cen persoas en idade laboral, fronte á previsión de 60 persoas xubiladas por cada cen potencialmente activas na variante con inmigración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas