GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Anna Terrón manterá os primeiros encontros de traballo cos responsables das comisións do Consello Xeral

(12/03/2010)

Anna Terrón manterá os primeiros encontros de traballo cos responsables das comisións do Consello Xeral

H. Díaz - Madrid - 12-03-2010

A nova secretaria de Estado de Emigración e Inmigración, Anna Terrón, reuniuse onte por primeira vez desde o seu nomeamento cos medios de comunicación para debuxar as prioridades dos dous anos de lexislatura. Terrón asegurou que ía manter unha liña continuista de traballo respecto ao desenvolvido coa súa antecesora, Consuelo Rumí, tanto nos temas como coas persoas que están á fronte de cada departamento.
Encuentro de trabajo con Anna Terrón.
Encontro de traballo con Anna Terrón.

Terrón recoñeceu que había algúns colaboradores de Rumí que optaran por seguila á secretaría de Estado da Función Pública, como o director xeral de Inmigración, Agustín Torres, pero que confiaba no resto do equipo para sacar adiante o traballo en favor da emigración e inmigración.

En canto aos temas de maior interese para a colectividade no exterior asegurou que estaban aínda decidindo sobre as datas e o lugar de celebración do próximo pleno do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior. Asegurou que a emigración continuaría sendo unha prioridade para o Ministerio de Traballo e cualificou aos emigrantes españois como 'embaixadores da cultura e a lingua máis aló das nosas fronteiras'.

En canto a próximos encontros coa colonia emigrante, Anna Terrón confirmou que ten interese en coñecer de primeira man a realidade dos españois que residen fóra, por iso anunciou a realización de diferentes salidad ao exterior, aínda que non adiantou nin os países que visitaría, nin as datas dos mesmos.

Pola contra, si adiantou as datas das próximas reunións preparatorios do Pleno do Consello da Emigración. Neste sentido, indicou que durante os próximos días 22 e 23 de marzo íase a reunir coa Comisión de Asuntos Educativos e Culturais, posteriormente ía manter un encontro coa Comisión de Dereitos Cíviles e Participación no mes de abril os días 12 e 13. Finalmente, tamén no mes de abril, aínda que con data sen definir, tería a reunión de traballo coa Comisión de Asuntos Sociais e Sociolaborais.

Finalmente, a secretaria de Estado fixo referencia ás pensións SOVI para asegurar que un cambio na Administración nunca pode interpretarse como un problema para que o Estado faga fronte a unhas prestacións asistenciais e que estas en ningún momento poden deixar de pagarse independentemente de quen ocupe a secretaría de estado ou ata, de aque haxa un cambio de Goberno no país.



Inmigración

As referencias da secretaria de Estado ao área de Inimigración foron moito máis amplas alertando sobre os brotes de xenofobia no país, propoñendo  a saída de España dos inmigrantes ilegais e controlando os empadroamentos para evitar o que xa é coñecido como 'pisos patera' nos que conviven numerosos inmigrantes en condciones moi precarias.

Ademais, tamén fixo referencia ao Regulamento de Estranxeiría que, segundo o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, atópase desde o día 1 de febreiro en fase de consulta aos axentes sociais. Terrón asegurou que o cambio na secretaria de Estado 'non supuxo ningún parón' e que os traballos continúan, agora centrados no diálogo cos axentes sociais sobre os temas relacionados co emprego en España de traballadores estranxeiros. 'Esperamos nas próximas semanas avanzar o suficiente e que o Regulamento estea aprobado nun prazo razoablemente curto, pero non imos sacrificar nin a técnica xurídica nin o consenso necesario en aras da présa', finalizou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas