GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Uns 16.000 inmigrantes regresaron voluntariamente aos seus países desde 2009

(11/03/2010)

Uns 16.000 inmigrantes regresaron voluntariamente aos seus países desde 2009

11/03/2010 - 12:04
MADRID, 11 (SERVIMEDIA)

Ao redor de 16.000 inmigrantes que residían en España volveron aos seus países de orixe durante o ano 2009 e os dous primeiros meses de 2010, mediante os programas de retorno voluntario do Goberno.

Así o afirmou este xoves a nova secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Anna Terrón, apenas unha semana logo de tomar posesión do seu cargo. Segundo explicou, "as cifras do retorno están incrementándose de forma razoable".

"Hai máis xente que se apunta a esta posibilidade e que está acumulando a prestación de desemprego para volver aos seus países de orixe, mentres que outros se acollen ao programa de retorno voluntario por razóns humanitarias", engadiu.

Segundo datos da Secretaría de Estado, o incremento de solicitudes produciuse "nos dous plans", e trátase de "cifras moito máis altas" que as correspondentes a exercicios anteriores.

EXPULSIÓNS

Respecto das expulsións, a nova secretaria de Estado móstrase partidaria de non "eternizar situacións irregulares".

"A inmigración indocumentada debe reverter nun retorno aos países de orixe, e a vontade deste Goberno é que isto se poida facer en prazos curtos e de forma áxil", concluíu Terrón.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas