GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Alejandro López Dobarro visita a asociación "Fillos de Zas" no seu local do barrio da Boca

(11/03/2010)

Alejandro López Dobarro visita a asociación "Fillos de Zas" no seu local do barrio da Boca

O Delegado da Xunta reuniuse co presidente da entidade, Manuel Busto Moreira, e coa comisión directiva.

Interesouse polas súas actividades, nomeadamente as referidas á xuventude, e asinou no libro de Ouro do centro

A Asociación Fillos de Zas foi fundada no mes de febreiro de 1923

Buenos Aires, 9 de marzo de 2010.- Alejandro López Dobarro visitou este martes o local da Asociación Fillos de Zas no porteño barrio da Boca. O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires mantivo un encontro co presidente da entidade, Manuel Busto Moreira, e co resto da comisión directiva para coñece rde primeira man a situación desta asociación e as actividades que está na desenvolver.

Neste contexto, tivo ocasión de departir co presidente e varios integrantes da asociación de mozos do centro. López Dobarro destacou especialmente este feito de contar con membros xuvenís na comisión directiva e animounos a realizar tarefas culturais e proxectos en común con outras entidades galegas de Arxentina.

O Delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires asinou no libro de Ouro da entidade e valorou a súa visita como un xeito de “contacto directo” cos distintos sectores da colectividade en Arxentina. Así mesmo, asegurou que nestas visitas que comezou a facer este ano ás entidades está a notar unha serie de características comúns que lle permitirán mellorar a relación da Administración autonómica con elas.

Desde febreiro de 1923

A Asociación Fillos de Zas foi fundada no mes de febreiro de 1923 coa vontade de prestar servizos asistenciais aos emigrantes galegos en Buenos Aires. Segundo explicou o actual presidente do centro, preocupáballes que as viúvas tivesen un sustento para saír adiante, axudar aos enfermos co custe das menciñas e prestar colaboración en todos aqueles asuntos referidos ao benestar do colectivo. Máis adiante as súas actividades ampliáronse cara o social e cultural.

Nun primeiro momento estableceron a súa sede na localidade bonaerense de Quilmes, pero en 1998 trasladáronse ao seu actual emprazamento no barrio da Boca. Entre as súas iniciativas culturais destacan as escolas de danza, gaita, percusión e acordeóns. Como proxectos de futuro, a responsable da área cultural salientou a vontade de conformar un grupo de teatro na institución. Fillos de Zas conta actualmente con algo máis de 370 socios.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas