GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo 2010

(11/03/2010)

Axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo 2010

Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas correspondentes ao programa de actividades de campamentos e campos de traballo para o ano 2010 que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Nome do programa

Programa de actividades de Campamentos e Campos de traballo 2010.

Destinatarios 

Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter residencia habitual fóra de Galicia.

b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.

c) Ter nacionalidade española.

d) Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes, para aqueles solicitantes que teñan 18 ou máis anos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

e) Ter unha idade entre 14 e 20 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en actividades de campamento.

f) Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño do ano da convocatoria, para os participantes en campos de traballo.

g) No caso dos solicitantes de actividades de campamentos, non ter participado en edicións anteriores nesta modalidade.

h) No caso de solicitantes en campos de traballo, non ter participado en edicións anteriores na modalidade de campos de traballo.

i) Non contar a unidade económica familiar con ingresos superiores, en renda per cápita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para o ano da convocatoria, do país de residencia do solicitante, agás os solicitantes residentes en Cuba, en que os ingresos non poderán ser superiores á prestación económica por ancianidade establecida polo Estado español para o ano da convocatoria.

Características

Actividades de campamento (336 prazas)

O programa desenvólvese en dúas quendas diferentes con actividades tamén diferenciadas:

  • Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade Galiza: verde e azul, que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: seis días na zona de interior (no Camp. Xuvenil Os Chacotes, Palas de Rei (Lugo) e seis días na zona de costa (no albergue xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo.
  • Na segunda quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as Rotas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos- en tres instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil (en cuartos compartidos), cunha permanencia duns 4 días en cada unha delas. 

Campos de traballo (40 prazas)

Para participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía, animación sociocultural, social, ambiental. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.

Prazo de presentación

Ata o 10 de abril de 2010 (inclusive)

Lugar de presentación

  • Secretaría Xeral da Emigración
  • Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
  • Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro
  • Consellerías de Traballo e Asuntos Sociais
  • seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares
  • Consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante
  • Nas entidades colaboradoras que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das súas solicitudes:
    • En Brasil:
      • Peña Galega da Casa de España (Río de Janeiro).
      • Real Sociedade Española de Beneficencia (Salvador-Bahía).
      • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrução (São Paulo).
      • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro (Santos).
    •  En Venezuela:
      • Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas).
    • En Cuba:
      • Federación de Sociedades Galegas en Cuba.

Resolución

Resolución do 4 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e regula para o ano 2010 o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.

Documentación

 Formulario de solicitude (online)

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

Data de publicación

10 de marzo de 2010

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas