GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago Camba visita a colonia de Chile a uns días do sismo que sacodeu ao pais

(05/03/2010)

Santiago Camba visita a colonia de Chile a uns días do sismo que sacodeu ao pais

Encontrarase coa colonia de Santiago no Lar Gallego de Chile onde se dará conta da actual situación da colectividade na capital e asi poder avaliar sobre o terreo as posibles repercusións

Santiago, 4 de marzo de 2009.- O secretario xeral da Emigración, Santiago Camba, está previsto que inicialmente viaxe a Chile esta mesma fin de semana e chegue á capital, Santiago, na tarde do sábado; agás cambios de última hora, dada a delicada situación que atravesa o país e a falla de previsións do que poida acontecer.

Camba, quen se mantén en contacto permanente cos representantes das entidades galegas alí e mailo consulado de Chile, visitará in situ á colonia galega que reside no país- actualmente uns 2000 galegos, segundo datos do CERA-.

O responsable de Emigración da Xunta de Galicia chegará Chile tan só uns días despois de que acontecera o sismo que sacudía ao país a pasada madrugada do sábado 27 e que ten causado millóns de damnificados e centos de víctimas, entre os que, polo momento, aseguran, desde o Lar Gallego de Chile “non hai galegos ou descendentes, aínda que é difícil ter datos precisos da situación do colectivo, dado que é complexo o tema das comunicacións”.

Santiago Camba encontrarase coa colonia de Santiago no Lar Gallego onde se dará conta da actual situación da colectividade na capital tralo sismo e asi poder avaliar sobre o terreo as repercusións materiais e humanas.

Compromiso de goberno

Ponse de manifesto a pronta e eficaz coordinación da Xunta de Galicia no caso de situacións de catástrofe e a asistencia sobre o terreo, así coma o labor das entidades galegas como unidades operativas, interlocutores válidos e auténticos lugares de referencia para acometer, con garantías, actuacións de emerxencia.

Viaxe a Buenos Aires

Previamente de desprazarse ata Chile o secretario xeral haberá de viaxar a Buenos Aires, onde tiña comprometidos varios encontros con entidades galegas, xuntanzas que reanudará o luns 8.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas