GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O delegado da Xunta en Buenos Aires convoca a cuarta reunión de información e coordinación para centros galegos

(05/03/2010)

O delegado da Xunta en Buenos Aires convoca a cuarta reunión de información e coordinación para centros galegos

López Dobarro presidiu o encontro no que se deron as claves da nova convocatoria de axudas económicas individuais

Buenos Aires, 3 de marzo de 2010.- Representantes de catorce centros e asociacións galegas en Arxentina participaron este mércores nun encontro informativo e de coordinación na Delegación do Goberno galego en Buenos Aires.

Esta reunión, a cuarta destas características convocada polo Delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, ten como finalidade presentar as novidades e as claves dos programas destinados á emigración. Neste caso concreto, abordáronse as características da convocatoria de axudas económicas individuais da Secretaría Xeral da Emigración.

Estas iniciativas enmárcanse dentro da vontade de máxima colaboración e comunicación coas entidades galegas en Arxentina. Neste caso asistiron membros do Centro Arzuano Melidense, Centro Galego de Rosario, Centro Galego de Buenos Aires, Centro Galego de Avellaneda, Asociación Fillos de Porto do Son, Fogar de Ribadumia, Asociación Vila de Cruces, Centro Comarcal de Ordes, Centro Galego de Xubilados e Pensionados da República Arxentina, Asociación Cultural e Benéfica de Corcubión, Centro Galego de La Plata, Centro Noia Rianxo, Centro Galicia de Buenos Aires e a Sociedade Parroquial de Vedra.

Iniciativas de Comunicación

Así mesmo, López Dobarro fixo fincapé nas tarefas de difusión que compre facer destes programas así como do resto das actividades dos centros. “Eu recomendo insistir e innovar nas tarefas de comunicación”, sinalou. “Na Delegación estamos a notar que moita xente nova estase achegando a nós a parir das iniciativas de comunicación que estamos levando”, dixo. Neste sentido, tamén solicitou aos representantes das entidades que utilicen a plataforma que brinda a páxina www.galiciaaberta.com . A través deste soporte que pon a disposición a Secretaría de Emigración pódese chegar a todo o mundo en tempo real, indicou.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas