GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Tres de cada catro españois, a favor de endurecer as leis de inmigración

(02/03/2010)

Tres de cada catro españois, a favor de endurecer as leis de inmigración

Aumenta 18 puntos en cinco anos a porcentaxe que ve "demasiado ou máis ben tolerantes" as normas de entrada e permanencia, segundo o Observatorio do Racismo 

EL PAÍS - Madrid - 02/03/2010

A poboación aumenta o seu rexeitamento á inmigración e pide leis máis restritivas, de acordo co informe Evolución do racismo e a xenofobia en España (2009) presentado polo Observatorio do Racismo do Ministerio de Traballo e Inmigración. Un 42% dos case 3.000 enquisados ve "demasiado tolerantes" as leis que regulan a entrada e permanencia de estranxeiros en España, o que supón 18 puntos máis con respecto á última vez que se expuxo esa pregunta fai cinco anos, cando respondeu nese sentido un 24%.

Se se suma o 32% que xulgan as leis "máis ben tolerantes", dedúcese, segundo o Observatorio do Racismo, un "acordo unánime cara ao endurecemento das leis de inmigración". A proporción total engloba a tres de catro cidadáns, mentres que fai cinco anos reducíase ao 56%.

A maioría dos enquisados está a favor de que os inmigrantes manteñan a súa cultura e costumes, pero sempre que se adapten ás normas que configuran a vida en sociedade e que "non molesten ao resto dos españois".

Sufraxio e reagrupamiento familiar

En canto aos dereitos dos inmigrantes, o sufraxio nas eleccións xerais é o que conta con menos aprobación. "Apenas o 55% dos enquisados sitúase a favor da súa concesión. Iso a pesar de indicarse na pregunta que a súa concesión sería a inmigrantes instalados en España de xeito estable' e non a 'toda persoa estranxeira que traballe habitualmente en España', como se dicía nas enquisas do CIS ata 2005".

En cambio, hai maior acordo coa concesión do dereito ao voto nas municipais. Rexístrase un aumento de sete puntos respecto do dereito de sufraxio nos comicios xerais. O 62% cre que os inmigrantes residentes en España de xeito estable deberían ter dereito a votar nas municipais. Xunto ao dereito de sufraxio, o de reunificación familiar é o segundo que maior caída rexistra. Dun 86% de aprobación pásase ao 80% en só un ano.

Por outra banda, un de cada catro enquisados non mostra máis simpatía por ningún colectivo en especial, o 12% polos latinoamericanos, o 5% polos africanos e o 4% polos arxentinos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas