GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Oficinas Atención Inmigrantes reducirán os seus fondos un 6 por cento este ano

(24/02/2010)

Oficinas Atención Inmigrantes reducirán os seus fondos un 6 por cento este ano



Santiago Camba declarou que estas oficinas eran financiadas ata o pasado ano, nun 70 por cento, polo Goberno central e nun 30 pola Administración Autonómica, pero este ano o Ministerio de Traballo anunciou recortes na asignación do 50 por cento.

Desta forma a contía do Plan de acción total para este ano é de 2.324.000 euros, dos que a Administración central participa en 1.626.000, mentres que a Comunidade Autónoma galega farao co 30 por cento esixido, que son 697.000 euros, máis 850.000 euros de fondos propios, co que para corporacións locais a Xunta destina 1,4 millóns.

O pasado ano a asignación total foi de 4.976.000 euros, co que a Comunidade Autónoma galega interveu con 1.889.000 euros.

Para o secretario xeral a reunión que mantivo na Consellería de Presidencia cos responsables das oficinas municipais de Inmigración foi unha toma de contacto moi positiva, "aínda que -asegurou- preocúpanos moito o problema da inmigración -en Galicia residen máis de cen mil- nun momento de grandes dificultades económicas como as que se esta vivindo en España".

Indicou que "son colectivos débiles dos que hai que preocuparse e ocuparse" e afirmou que desde a Xunta estase facendo un gran esforzo para facer fronte aos convenios coas sete cidades galegas e coa oficina da Mariña.

Cada unha destas oficinas recibirán 60.000 euros para atender as necesidades de funcionamento.

O secretario xeral de Emigración dixo, tamén, que a Administración galega desexa mellorar os cursos de formación para inmigrantes, porque "non só estamos preocupados -agregou- pola integración, tamén pola súa formación". EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas