GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Entrevista a Consuelo Rumí, Secretaria de Estado de Inmigración

(24/02/2010)

Entrevista a Consuelo Rumí, Secretaria de Estado de Inmigración
Feb 23

consuelo-rumi
Susana Elguea, xornalista do diario 20minutos, entrevistou á Secretaria de Estado de Inmigración Consuelo Rumí. 

Se hai un político que seguiu moi de cerca a evolución da inmigración en España na década, esa é Consuelo Rumí (Almería, 1957). Secretaria de Estado de Inmigración desde 2004, xa no ano 2000 era a responsable de Inmigración do PSOE.

Como resumiría esta década en canto ao fenómeno da inmigración?
Nestes anos vivimos un choque migratorio fortísimo, con momentos complicados como o del Ejido (Almería). Pasamos en pouco máis dunha década a ter máis de catro millóns de persoas procedentes doutros países. Vivimos a etapa do medo ao descoñecido, da inquietude por estes novos veciños. Viñeron porque neses primeiros anos produciuse moito crecemento económico (máis do 50% dos empregos creados foron ocupados por estranxeiros). Ocuparon traballos de baixa ou media cualificación, sobre todo na construción, os servizos e a agricultura.




Cal é a situación actual?
Agora estamos nunha etapa de transición que levará a unha nova fase migratoria caracterizada pola retardación da chegada de inmigrantes: van seguir vindo, pero non no número que o facían ata agora. Chegarán menos pola crise, polo control de fronteiras e pola colaboración cos países de orixe. Outra característica é o cambio no perfil do inmigrante: o mercado vai demandar traballadores con cualificación, cuxo nivel vai elevándose cada vez máis.

Cambiou a sociedade española nestes últimos dez anos?
A sociedade xa entende a inmigración, considéraa un fenómeno positivo sempre que sexa ordenada. Xa non se oe iso de que os estranxeiros viñan quitarnos o traballo, viñan ocupar os postos de traballo para os que non existían candidatos españois.

Que supuxo a crise económica?
A crise deixa, por agora, 566.517 estranxeiros en paro (385.114 deles, extracomunitarios). En 2009, 10.610 persoas volveron aos seus países co programa para desempregados; 4.011, co de retorno social. Sobre contratos en orixe, pasamos dos 250.000 en 2007 a uns 180.000 en 2008 e a 20.000 ata outubro de 2009.

Cal é o reto para os próximos anos?
A integración. Ao principio, o obxectivo era ordenar as chegadas. Agora, sobre todo en época de crise, é avanzar en integración, que evitará conflitos e choques. Hai que fixar o obxectivo na segunda xeración: españois fillos de nai ou pai (ou ambos) estranxeiros. En 2008, o 24% dos nenos e nenas que naceron en España tiñan un proxenitor ou ambos  estranxeiros. Iso supón uns 124.000 nenos. De como xestionemos a súa integración dependerá que non haxa conflitos e si igualdade de oportunidades.

Contratou algunha vez a un inmigrante?
Non, pero como na maioría de familias deste país, na miña houbo persoas inmigrantes coidando de nenos. Non tería ningún problema en contratalo.

Que nota daría aos españois na súa relación cos inmigrantes?
Agora mesmo, un notable. Pero nos queda moito por percorrer. O camiño é o correcto, aínda que hai que seguir traballando, o esforzo é de todos e o éxito será de todos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas