GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Madrid e País Vasco, onde máis creceron os estranxeiros con cartón de residencia en 2009

(23/02/2010)

Madrid e País Vasco, onde máis creceron os estranxeiros con cartón de residencia en 2009

Axencias

Madrid, 22 feb Axencias.- Madrid e o País Vasco foron as comunidades onde, en 2009, máis creceu o número de estranxeiros con cartóns de residencia, con aumentos superior ao 10 por cento en ambos os casos, mentres que Aragón foi a única autonomía que contabilizou un descenso (-2,11 por cento).

Segundo o último informe do Observatorio Permanente de Inmigración, no conxunto do país 4.791.232 inmigrantes tiñan cartón de residencia a 31 de decembro de 2009, un 7,1 por cento máis que a mesma data de 2008.

Ademais de Madrid (10,49 por cento) e País Vasco (10,37 por cento), o número de estranxeiros tamén creceu en Cataluña (8,86 por cento), Andalucía (8,24 por cento) e Cantabria (7,26 por cento), todas elas con aumentos superiores á media nacional (7,10).

O crecemento tamén foi moi alto na cidade autónoma de Ceuta (11,05 por cento).

Pola contra as menores subidas en 2009 déronse en Navarra (2,56 por cento) e Castela e León (3,09 por cento).

O seguinte cadro recolle, por comunidades autónomas, o número de estranxeiros con cartón de residencia en vigor, a 31 de decembro de 2009, e a variación interanual respecto a mesma data de 2008, segundo datos do Observatorio Permanente da Inmigración:

. Estranxeiros Variación (%)

CCAA cartón resid. interanual

----------------------------------------------------

Andalucía 597.243 8,24

Aragón 170.273 -2,11

Asturias 40.749 6,61

Baleares 202.365 6,67

Canarias 239.312 6,85

Cantabria 36.161 7,26

C-A Mancha 204.517 6,00

C e León 175.516 3,09

Cataluña 1.061.079 8,86

C.Valenciana 610.279 5,65

Estremadura 41.846 5,76

Galicia 90.738 5,98

Madrid 880.613 10,49

Murcia 210.103 6,22

Navarra 64.687 2,56

P.Vasco 106.658 10,37

A Rioxa 46.211 4,26

Ceuta 4.492 11,05

Melilla 7.395 6,73

Non consta ( ) 995 -91,45

--------------------------------------------

TOTAL 4.791.232 7,10

( ) A categoría "non consta" refírese a aqueles estranxeiros que cando solicitaron o cartón residencia cometeron erros ao encher o formulario. A variación do -91,45 por cento débese a que en 2008 o número de estranxeiros que erraron ao encher o formulario foi de 11.639, o que supón unha diferenza de 10.644 con este ano.

Para o cálculo global de porcentaxes non se tivo en conta a categoría "non consta".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas