GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Lalín promove un servizo de videoconferencias para contactar cos emigrantes

(23/02/2010)

Lalín promove un servizo de videoconferencias para contactar cos emigrantes

Autor:
La Voz
Data de publicación:
23/2/2010

Nunhas semanas implantarase en Lalín un servizo de videoconferencias para que os veciños interesados poidan contactar cos seus familiares na emigración, en especial cos países latinoamericanos. Unha iniciativa gratuíta para os usuarios e que se desenvolverá desde a aula multimedia habilitada no auditorio municipal. Na actualidade xa está en fase de probas este proxecto do departamento de Servizos Sociais con distintos centros e irmandades galegas en Arxentina e Venezuela.

Os interesados en acceder a esta iniciativa deberán contactar co Servizo de Atención ás Migracións, que se encargará de establecer a comunicación entre os residentes en Lalín e os seus familiares. Terá periodicidade quincenal para os usuarios e as persoas que descoñezan o funcionamento de Internet terán orientación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas