GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2010

(23/02/2010)

Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2010

O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2010, ten como obxecto a concesión de axudas económicas individuais e de carácter social, dirixidas aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galego, e a determinados familiares, residentes no extranxeiro, que se atopen en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.

 

Nome do programa

Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2010.

 

Destinatarios

  • Os emigrantes de orixe galego residentes no exterior e os seus descendentes ata o 2º grao de consanguinidade, que teñan a condición de galego. A forma de acreditar esta condición señalase no artígo 14º das bases da convocatoria.
  • No caso de falecemento da persoa indicada no punto anterior, poderán ser beneficiarios das axudas previstas no artígo 6º desta convocatoria, o cónxuxe viuvo, a parella de feito ou relación análoga e os fillos, que dependían económicamente do falecido, se non transcurriron dous anos dende o falecemento.
  • O cónxuxe viuvo ou persoa coa que mantuvera unha unión de feito ou relación análoga, pai, nai ou horfos de emigrantes que cumprindo os requisitos do punto 2.1 da resolución desapareceran ou falecido como consecuencia da represión política realizada polas dictaduras militares en Arxentina, Chile e Uruguai.
  • Os cónxuxes viuvos ou persoa coa que mantuveran unha relación de afectividade, ascendentes, descendentes ou colaterais ata o segundo grao, de emigrantes que, cumprindo os requisitos do punto 2º.1 da resolución, obtuvieran a declaración de reparación e recoñecemento persoal establecida no artígo 4 da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quén padeceu persecución ou violencia durante a guerra civil e a dictadura.

 

Características

Tipos de axudas a conceder:

  • Axudas por situación de dependencia, ou enfermidade grave do solicitante.
  • Axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave no seno da unidade familiar.
  • Axudas por invalidez ou enfermidade permanente.
  • Axudas para a cobertura de medicinas e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cándo teñan un coste elevado.
  • Axudas para paliar unha situación de paro.
  • Axudas por encontrarse a unidade familiar en situación de precariedade. Este suposto só será de aplicación en aqueles países cos que o estado español non firmara convenios en materia de seguridade social. 
  • Axudas para mulleres que sufran violencia de xénero

 

Lugar e prazo de presentación

Ata o 31 de marzo de 2010

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo. 
  • En Brasil:
    • Peña Gallega de la Casa de España de Río de Janeiro.
    •  Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía
    •  Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos y Instrucción en Sao Paulo.
    •  Sociedade de Socorros Mutuos y Beneficente Rosalía de Castro en Santos. 
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana 
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

 

Resolución

Resolución do 16 de febreiro de 2010 (DOGA do 22 de febreiro de 2010), da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio de 2010.

 

Convocatoria

Diario Oficial de Galicia nº 35, do 22 de febreiro de 2010

 

Promovido por

Secretaría Xeral da Emigración

 

Ano

2010

 

Contacto

Secretaría Xeral da Emigración

Servicio de Acción Social

Teléfonos: 981 545877 - 981 545880

Fax: 981 957055

Correo electrónico:accion.social.emigracion@xunta.es

 

Información adicional

Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.

 

Data de publicación

22 de febreiro de 2010

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas