GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xeran exportacións os inmigrantes? En España, si

(15/02/2010)

Xeran exportacións os inmigrantes? En España, si

José J. Martín
finanzas.com
12/02/2010 - 08:33





Iso é polo menos o que consideran os economistas Giovanni Peri e Francisco Requena-Silvente, para quen duplicar o número de inmigrantes provoca un repunte do 10% nas exportacións ao seu país de orixe, "un beneficio importante e pouco estudado da inmigración".

O argumento é sinxelo: os inmigrantes traen consigo tamén o "coñecemento sobre" e as "conexións de" o seu mercado, país e economía de orixe, o que axuda a conectar a vendedores e compradores e a esquivar as trabas ás interaccións comerciais e provoca un efecto de creación de exportacións.

O estudo baseouse na combinación dos datos sobre a poboación inmigrante (nacionalidade de orixe e provincia de residencia) e os das exportacións a eses países desde esas mesmas provincias. E entre os puntos curiosos cóntase que entre o 80% e o 100% do aumento das exportacións provén de novas firmas máis que do aumento das vendas ao exterior das empresas antigas e que son os bens manufacturados diferenciados (os produtos máis sofisticados -químicos, maquinaria e vehículos) os que máis se benefician da inmigración.

Un último punto que merece a pena apuntar é o feito de que este aumento das exportacións grazas aos inmigrantes é máis forte en países que son culturalmente máis diferentes de España e con baixos niveis de desenvolvemento. "En particular, o comercio desde unha provincia española aos países africanos está moi marcado pola presenza de inmigrantes deses países. Se se duplica a comunidade inmigrante prodúcese un incremento do 17% nas exportacións", explican.

En calquera caso, é un asunto curioso e no que merece a pena pensar un pouco nestes tempos de incerteza nos que a falta de traballo fai ver ao inmigrante como un estorbo para o traballo dos foráneos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas