GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O delegado da Xunta en Arxentina visita o centro comarcal de Ordes en Buenos Aires

(11/02/2010)

O delegado da Xunta en Arxentina visita o centro comarcal de Ordes en Buenos Aires

A visita enmárcase nun percorrido que Alejandro López Dobarro ten programado para coñecer de cerca todos os centros galegos do país.

Autor:
Redacción dixital
Data de publicación:
10/2/2010

O representante da Xunta en Arxentina visitou as instalacións do Centro Comarcal de Ordes en Buenos Aires e mantido un encontro co seu presidente, José Luis Durán. López Dobarro reuniuse coa directiva do centro e tivo ocasión de analizar con eles a historia, a evolución e os proxectos de futuro da entidade. Neste sentido, o presidente do centro fixo entrega ao delegado o Balance de Actividades da institución de 2008-2009, así como unha copia do Plan Mestre de Remodelación das instalacións e invitouno a seguir a súa evolución.

Esta visita forma parte do percorrido que o delegado do Xunta ten programado facer ao longo deste ano para coñecer de cerca a realidade, características e necesidades dos centros e institucións galegas de Arxentina.

Este centro foi fundado no ano 1922 co nome Asociación Residentes do Partido Xudicial de Ordes. En 1939 fúndese coa Agrupación instructiva de Frades, con Residentes do Municipio de Trazo e o Centro do municipio de Mesía. Desde ese momento reúne a emigrantes galegos de Ordes, Frades, Mesía, Oroso, Cerceda, Trazo, Val do Dubra e Tordoia que residen nas inmediacións da capital arxentina. Desde a súa creación, a asociación emprazouse no edificio da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires ata que en 1975 adquiriron un balneario no partido de Lomas de Zamora, nos arredores de Buenos Aires. Desde o ano 2001 as instalacións da asociación emprázanse nunha leira de 4.000 metros cadrados. Teñen unha sala con capacidade para 300 persoas, zona de mesas ao aire libre, piscina para adultos e nenos, así como diversas instalacións deportivas para a práctica de fútbol e voleibol. Conta con salas de lectura, reunións e pista de baile. Na actualidade, cóntanse preto de 700 socios activos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas