GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O padrón rexistra máis de 5 millóns de estranxeiros en 2009

(08/02/2010)

O padrón rexistra máis de 5 millóns de estranxeiros en 2009
O número de foráneos no rexistro, que subiu no último ano en 400.000, podería non corresponderse ao real

CARLOS CARABAÑA - Madrid - 07/02/2010

Hai 400.000 estranxeiros máis este ano no padrón municipal de habitantes. Os datos do rexistro administrativo da poboación dos municipios correspondentes ao último ano, cuxa versión definitiva o Instituto Nacional de Estatística publicou este domingo, reflicten que hai inscritos 5.648.671 foráneos en España, fronte aos 5.268.762 do ano anterior. Toda a poboación rexistrada é 46.745.807 e estes 5,7 millóns supón un 12% do total. Contabilizábanse escasos 350.000 no ano 91, un 0,9%. O último dato dispoñible do Ministerio de Traballo e Inmigración, a día 30 de setembro, cifra o número de estranxeiros con permiso de residencia en 4.715.757.

Informatizado desde o ano 1996, o padrón é un elemento estatístico de primeira orde que desde entón se actualiza constantemente. O INE recibe unha media de 1.100.000 variacións ao mes. Tratan mensualmente preto de 800.000 erros e incidencias cos concellos. Pero ten un problema fundamental, segundo o director do Centro de Estudos sobre Migracións da fundación Ortega e Gasset Joaquín Arango, á hora de contabilizar estranxeiros, xa que esta cifra "pode estar sub ou sobre dimensionada". A poboación estranxeira en España multiplicouse por 10 na última decada.

Para empezar "os estranxeiros vanse moito máis que os españois e cando un fai as maletas non pensa en darse de baixa, que ademais non ten ningunha vantaxe de face a unha eventual regulación de inmigrantes". Os inmigrantes sen permiso de residencia permanente están obrigados a renovar a inscrición cada dous anos e se non se realiza, o concello pode cursar a baixa. Desta variable hai que descontar os preto de 2 millóns e medio de estranxeiros da Europa dos 27.

"En todo caso pode pasar un ano con persoas inscritas sen estar presentes e ata hai indicios de estranxeiros empadroados sen estar nunca presentes en España", explica. Que na regulación masiva de 2005 un dos requisitos para acollerse ao proceso fose estar empadroado nalgún municipio español antes do 7 de agosto de 2004 non axuda.

Existe tamén o caso de duplicacións, que aínda que o INE revise ao final de ano os padróns, poden darse erros, por exemplo, debido a unha mala grafía dos apelidos. Ademais non é seguro que todos os estranxeiros residentes estean rexistrados "xa sexa por desconfianza ou ignorancia, as razóns que sexan", supón Arango.

A comunidade romanesa é a que máis crece en España, con 67.076 rexistrados máis durante 2009. E tamén a máis numerosa con 798.892 empadroados. Son seguidos de cerca por Marrocos con 718.055 e en terceiro e cuarto posto están Ecuador e Reino Unido con 421.426 e 375.703 respectivamente. Os maiores incrementos relativos danse entre os paraguaios (20% aproximadamente), chineses (15,5%) e peruanos (12,5%), segundo datos de xuño.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas