GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A crise trouxo de volta á metade dos emigrantes en Forteventura

(08/02/2010)

A crise trouxo de volta á metade dos emigrantes en Forteventura

A Costa da Morte é unha das comarcas máis afectadas, onde o retorno empezou xa no 2009

Dos 14.000 galegos que había fai dez anos nesta illa do arquipélago canario, apenas resisten uns 6.000

Autor:
S. Garrido
Data de publicación:
8/2/2010

No ano 2000, Forteventura era Eldorado para miles de galegos que se buscaban a vida, e moi ben, na construción e no turismo, sobre todo, pero tamén noutros sectores. Hai exactamente unha década, a illa majorera vivía o seu particular cénit económico: levantábanse edificios sen parar, nacían bares e restaurantes galegos, sempre cheos e nos que era difícil coller unha mesa libre ás horas punta. Familias enteiras da Costa da Morte (a comarca galega máis vinculada á illa) puñan proa cara ás Canarias, elixindo Forteventura en primeiro lugar, aínda que é evidente que houbo tamén un éxodo moi importante cara á veciña Lanzarote e cara ao sur das dúas cabeceiras, Tenerife e Gran Canaria.

Hoxe, o panorama é totalmente distinto. A crise azoutou sen piedade Forteventura, que rexistra unha das taxas de paro máis elevadas do arquipélago, que xa roza o 27% e é á súa vez a máis alta de España. O turismo baixou e a construción paralizouse. Con esas vimbias, que empezaron a trenzarse fai xa algo máis dun ano, os galegos emigraron da emigración. E daqueles 14.000 que puido haber nos anos do bum -entidades como Alexandre Bóveda realizaron estudos estatísticos serios, dada a complexidade de realizar cálculos nun sector de mobilidade constante-, hoxe non non quedan nin a metade, segundo diversas fontes consultadas. Foron miles os que retornaron, pero a presenza eran tan forte que seguen sendo miles (uns 6.000) os que permanecen na illa.

Dificultades de emprego

Os municipios galegos notaron o fluxo de volta. O alcalde de Muxía sinala que a maioría xa regresaron. O de Fisterra, o mesmo, e sitúa o inicio do retorno un ano atrás. A deputada Marisol Soneira, de Camariñas, constata como moitos que volveron queren embarcarse de novo, pero nestes anos non realizaron os cursos obrigatorios e iso dificúltalles o emprego. «Iso, e que ou traballo neste sector tamén está amolado». Marisol Piñeiro, outra deputada e edila en Carnota -talvez o municipio con máis emigrantes na illa-, corrobora que viñeron moitos de volta, «pero aínda quedan», matiza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas