(03/02/2010)
O constante retorno dos emigrantes galegos está a xerar un novo colectivo que non deixa de crecer en Galicia. É o formado polos fillos dos emigrantes que, aínda que nacidos no estranxeiro, contan con pasaporte e plenos dereitos exercidos xa de xeito presencial coa fixación da súa residencia na comunidade.
A revisión do padrón feita pública onte constata que dito grupo alcanza xa os 103.361 integrantes, formando na súa maioría a segunda xeración dunha emigración que nos anos sesenta e setenta elixiron Centroeuropa como horizonte para tratar de mellorar economicamente.
Xunto a eles, outros 139.880 residentes en Galicia proceden dalgunha outra autonomía española, mentres que 180.012 persoas máis optaron por manter a súa residencia dentro da comunidade, pero nunha provincia distinta á do seu nacemento. O grao de autoctonía da poboación galega sitúase agora nun 87,4%.
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas