GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Galicia ten case 25.000 inmigrantes sen papeis

(01/02/2010)

Galicia ten case 25.000 inmigrantes sen papeis
Na comunidade hai máis de 106.000 estranxeiros empadroados, o 3,77% da poboación total, lonxe do 12% da media estatal
V. SARIEGO Actualizado 31/01/2010 - 12:54 h.

Galicia acolle a 106.129 estranxeiros empadroados, segundo datos de xaneiro de 2009 do Instituto Nacional de Estatística (INE), o que supón o 3,77% da poboación galega, que xa supera os 2,8 millóns de persoas. Desta poboación inmigrante, 81.442 dispón de "residencia regularizada", é dicir, teñen papeis. O resto, 24.687, están en situación "irregular", é dicir, non dispón de "residencia legal", son sen papeis xa que, de momento, en España non é necesario estar regularizado para poder empadroarse.

Pontevedra, con 39.431 residentes nados fose do Estado encabeza a lista. Séguenlle A Coruña, con 37.800, Ourense con 15.546 e Lugo con 13.419 persoas. A pesar do número, a comunidade galega está lonxe do número de inmigrantes que acolle Cataluña na que viven 974.743 persoas de diferente nacionalidade como reflexa o informe de 2009 de Inmigración e Mercado laboral do Ministerio de Traballo e Inmigración. Tampouco se achega a media española de poboación estranxeira empadroada, que é o 12%, con 5,5 millóns de inmigrantes nesta situación.

Os primeiros fluxos de emigrantes en Galicia, que comezaron fai xa preto de corenta anos, protagonizáronos os marroquís. Como a maioría de estranxeiros que viñan a España a buscar traballo, empezaron na venda ambulante, aínda que co paso dos anos a súa dedicación foi derivando sobre todo ao sector servizos e á construción, e trasladando os seus asentamentos á contorna das zonas industriais de Vigo e A Coruña, principalmente. Máis do 17% deles está no paro.

Os portugueses, con 20.500 individuos, son o grupo maioritario; seguidos de Romanía, con 6.500, e Marrocos, con 5.737 residentes. Desde Sudamérica chegaron 11.809 brasileiros, 8.711 colombianos e 4.079 venezolanos. De Asia destaca China, con 2.077 emigrados a Galicia e de África, Senegal, con 1.724.



GALICIA, TERRA DE EMIGRANTES

A historia e os ciclos históricos repítense. En Galicia a emigración, que se repite por terceira vez na actualidade, someteu no seu día aos galegos ao sufrimento da integración nos países de destino, algo que non deberían esquecer os políticos, especialmente os nados na terra.

A mediados do século XIX, miles de galegos emigraron a Sudamérica a partir de 1860, ano do primeiro gran movemento migratorio. Arxentina, a quinta provincia galega, recibiu a máis de 1,5 millóns de galegos dos 3,2 millóns de españois embarcados entre 1882 e 1930. En Cuba fixérono 1,1 millóns, 233.400 en Brasil, 82.300 en Uruguai e preto de 268.000 distribuíronse noutros países iberoamericanos.

O segundo éxodo masivo español e galaico produciuse a finais do século XIX coa emigración golondrina (estacional) a Alxeria. Posteriormente, o final da Guerra Civil converteu a máis de 30.000 nenos refuxiados en exiliados definitivos. Ao terminar a Segunda Guerra Mundial, a reconstrución do continente ou a prosperidade dalgúns países recorreu á man de obra española e galega, sobre todo en Francia, Alemaña, Bélxica, Inglaterra e Suíza.

Hoxe, a terceira onda galega intégrana miles de mozos que se van de forma temporal a multitude de países para mellorar a súa calidade de vida. Os seus principais destinos son Arxentina, onde viven 124.736 galegos, Venezuela (40. 759), Brasil (31.841), Cuba (14.260) ou Alemaña (12.970).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas