GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As dúas mil caras da inmigración

(25/01/2010)

As dúas mil caras da inmigración

Na Costa da Morte conviven veciños de máis de 40 países, repartidos sobre todo entre Carballo , A Laracha e Vimianzo. Non tiveron problemas de integración

Autor:
S. Garrido
Data de publicación:
24/1/2010

Nos 16 municipios de Bergantiños, Soneira e Fisterra, ademais de Cerceda, viven unhas 2.000 persoas procedentes doutros países, máis de 40, segundo os datos do 2008. Os do 2009 están a piques de darse a coñecer e é posible que a cifra se incremente, vista a evolución do último lustro. Só entre o 2007 e o 20008 o crecemento foi de máis de 400 persoas. No 2001, apenas había 600 estranxeiros empadroados. Un matiz importante, porque son moitos os que non o están, así que calquera cifra oficial será inferior á real.

O perfil dos foráneos que elixen a Costa da Morte para vivir é moi diverso. Desde persoal moi cualificado, como profesores de idiomas nos institutos, médicos do hospital de Cee, dentistas, oftalmólogos, arquitectos, pintores, empresarios e xubilados con posibles, ata mozos que chegaron a España en pateras desde África e chegaron á comarca en busca dunha vida mellor. Un mapamundi persoal que nada ten que ver co deserto cosmopolita de hai moi poucos anos.

Algúns concellos dedican especiais esforzos á súa integración e acollemento. Un deles foi Vimianzo, con cursos para facilitar a súa adaptación, impartidos polos servizos sociais. Vimianzo, A Laracha e Carballo teñen as cifras máis altas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas