GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Debate europeo sobre a inmigración legal

(22/01/2010)

Debate europeo sobre a inmigración legal
Publicado o 21 Xaneiro 2010

A Unión Europea iniciou o debate sobre unha nova política europea sobre a inmigración legal. O Consello de ministros europeos de Xustiza e Interior subliñou, na sesión celebrada hoxe na cidade española de Toledo, a aspiración de crear unha política integradora e renovadora.


Algunhas delegacións opinaron que a inmigración legal está relacionada á ilegal e é imposible diferencialas.
Un punto de atención neste sentido foi a petición de Francia, Grecia e Malta de mellorar a vixilancia das fronteiras comunitarias para evitar a inmigración ilegal. En resposta, a Unión Europea revisará o regulamento de fronteiras exteriores e o reforzo da vixilancia marítima.
Outro punto importante foi a creación dun permiso único para os traballadores inmigrantes, un Libro Verde para a agrupación familiar e un plan de acción para os inmigrantes menores de idade non acompañados.
A este respecto, expúxose a necesidade de previr a inmigración infantil e protexer e devolver aos menores aos seus países de orixe, xa sexa ás súas familias ou a institucións de acollida. Tamén se propuxo que estes retornos sexan acompañados por unha axuda financeira.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas