GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

Emigración destaca que la Xunta hará ‘un esfuerzo’ para continuar con los programas de retorno de emigrantes

(13/11/2009)

Emigración destaca que a Xunta fará ‘un esforzo’ para continuar cos programas de retorno de emigrantes
O xantar e as paisaxes de Galicia, o que máis gusta aos galegos do exterior
EUROPA PRESS - SANTIAGO DE COMPOSTELA - 12-11-2009
O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, asegurou este xoves que os galegos do exterior son ‘os mellores embaixadores de Galicia’, polo que lles pediu que sigan transmitindo as vivencias na súa terra de orixe entre os seus descendentes, ao tempo que afirmou que a Xunta fará ‘un esforzo’ para continuar cos programas de reencontro e retorno.


Camba mantivo n o Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, un encontro cos máis de 130 emigrantes galegos participantes no programa 'Volver á Terra', que se encontran de visita procedente de Arxentina, Brasil, Uruguai e Cuba.

Durante a súa intervención, Camba trasladou o saúdo do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aos asistentes e desculpou a súa ausencia na recepción por encontrarse na reunión semanal do Consello da Xunta. ‘Me preguntou a primeira hora cal era voso plan’, dixo e engadiu que ‘espera que teñades unha estancia do máis positiva e feliz’.

Ademais, Camba eloxiou o ‘sacrificio’ e o  ‘esforzo grande’ realizado polos emigrantes ao abandonar Galicia anos atrás. ‘Todos sabemos que o galego é apegado á súa terra e cando tivo que saír fixoo por necesidade’, sostivo. ‘Os que se foron son as mellores persoas que temos’, aseverou. ‘Gracias a vós podemos ter o desenvolvemento que temos en Galicia’, agregou.

‘Somos coñecidos no mundo e queridos porque sodes os mellores embaixadores de Galicia no exterior’, subliñou Camba. ‘Temos unha Administración que está con vós e un presidente que está coa emigración’, recalcou, ao tempo que lles agradeceu a visita.

Finalmente, pediu aos participantes no programa que difundan entre os seus fillos e netos nos seus países de orixe as súas vivencias para que ‘saiban que teñen un referente en Galicia’. ‘Aquí están as súas orixes e considerámolos tan galegos como outros’, sentenciou.

O MELLOR DA TERRA

Pola súa banda, Modesta Lombardero, que emigrou no 1958 a Cuba e levaba 25 anos sen retornar a Galicia, trasladou a emoción dos presentes ao momento por volver a sua ‘añorada e queridísima terra’.



‘Fómonos nun momento de grandes dificultades coa esperanza de atopar algo mellor’, lembrou.

Modesta incidiu en que os emigrantes non esqueceron ‘ni un día’ súas ‘aldeas, familias e a terra’ que deixaron atrás. ‘Amámola con paixón desde Arxentina, Uruguai, Cuba e Brasil’, recalcou e concluíu cun ‘’Viva Galicia".

Algúns dos participantes no programa 'Volver á Terra' comentaron que na súa estancia en Galicia, ademais de estar cos seus familiares aos que levaban anos sen ver, realizan visitas a diferentes puntos da comunidade.

En concreto, Florinda Barros, natural de Santa Comba e residente en Buenos Aires, apuntou que se foi fai 60 anos e levaba oito sen regresar a estar cos seus.

Carmen García, de Uruguai pero con familia no Carballiño (Ourense), resaltou que emigrou en 1931 e é a primeira vez que visita Galicia. Así, dixo que lle ‘encantóu’ a cidade herculina. ‘Funme con dous anos e agora é todo novo’, afirmou e destacou os ‘sabores e olores’ cos que se reencontrou.

Tamén María Carmen Boa, que vive en Buenos Aires e deixou Galicia con 14 anos, puxo en valor o xantar ‘excepcional’ da súa terra. ‘Me encantan os garbanzos’, asegurou. Pola súa banda, o seu marido, natural de Arxentina, manifestou que é a primeira vez que visita a terra da súa muller. ‘Todo é extraordinario. Os meus ollos énchense de alegría porque onde ollo todo é extraordinario’, concluíu.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeJVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas