(02/03/2022)
A Fegamp canaliza a axuda dos concellos galegos a Ucranía
-Solicítase dende aloxamento ata envío de bens de primeira necesidade como roupa, medicinas, etc
-A Federación puxo a disposición do Goberno do Estado o mesmo operativo que empregou na organización de axuda solidaria aos afgáns
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020.- A Federación Galega de Municipios e Provincias tramita a primeira relación de axuda humanitaria dos concellos galegos ao pobo ucraíno, dentro da coordinación determinada polo Goberno do Estado en colaboración coa Xunta de Galicia.
O presidente da Fegamp, Alberto Varela, ofrecera ao Goberno do Estado activar o mecanismo de colaboración empregado, por exemplo, na axuda humanitaria para os refuxiados afgáns ou na coordinación de material durante a pandemia, e que puxo en marcha inmediatamente tras recibir as indicacións sobre a posible cooperación a recadar.
Nesta ocasión, ademais de aloxamento, o requirimento inclúe atención sanitaria, escolarización, ensinanza do idioma, atención psicosocial e todo tipo de doazóns de bens de primeira necesidade e medicinas que os propios concellos levan a recadar entre os seus medios e a solidariedade cidadá dende o inicio da invasión.
OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas