GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

O emigrante que chegou de Vigo

(03/11/2021)

O emigrante que chegou de Vigo

 

xesús fraga REDACCIÓN / LA VOZ

 

CULTURA

Wagner G. Barreira.

Wagner G. Barreira. laura del Rey

 

O brasileiro Wagner G. Barreira novela a vida posible do seu avó paterno

 

03 nov 2021 .

 

O xornalista brasileiro Wagner G. Barreira (São Paulo, 1962) nunca coñeceu ao seu avó paterno. O pouco que sabía del podería resumirse en dúas frases: «Naceu en Galicia, chegou a Brasil no vapor Demerara e morreu novo. No Brasil viviu no barrio onde medrei, en São Paulo, un destino de emigrantes de varias partes do mundo». Barreira botou man da literatura para «inventar unha vida posible» para o seu devanceiro. Así naceu Demerara, aparecida en Brasil o ano pasado e que agora publica Galaxia na versión galega de Leandro García Bugarín.

 

 

Mais que sexa ficción non implica que Barreira non alicerzase a súa historia sobre fundamentos históricos. «A Hospedaría de Inmigrantes de São Paulo, hoxe un museo e centro de investigación, forneceu o nome do navío. Cando procurei información en Google atopei varios artigos de saúde pública e atopei a historia do Demerara», lembra. «Tiña un argumento para a novela: o inmigrante que embarca no navío da gripe de 1918, que se tornou mundial e inxustamente coñecida como gripe española. Tentei ancorar o libro en piares históricos: busquei os arquivos do estaleiro inglés, pesquisei as condicións da viaxe, estudei e visitei Vigo e Traspielas, onde o protagonista morou e naceu. Tamén estudei o São Paulo do seu tempo e como o barrio se organizou a partir dun matadoiro e unha cerámica».

 

 

A puxante Vigo dos anos 20

 

E, igual que a escrita lle permitiu unha nova visión sobre o impacto da emigración na evolución dunha cidade brasileira, tamén a investigación abriu outra descuberta, a de Vigo. «Unha cidade moderna e puxante no comezo do século 20, que substituía a pesca pola industrialización, os barrios populares por grandes edificios», describe Barreira. «Cando visitei a cidade caín na conta de que o proceso foi máis complexo, que a cidade, pola súa posición xeográfica, era un punto importante durante a Primeira Guerra, mais aínda así incapaz de absorber aos galegos pobres, que buscaban sorte noutro continente. Agora, no persoal, é un porto seguro en España, onde fixen bos amigos e a onde sempre penso en volver».

 

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeJVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas