GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

« Los colores de la tierra Historias de la emigración

(17/07/2009)

« As cores da terra Historias da emigración
By José Saramago
Que tire a primeira pedra quen nunca tivera manchas de emigración emporcallándolle  a árbore xenealóxica... Tal como na fábula do lobo malo que acusaba ao inocente año de enturbarlle a auga do regato onde ambos bebían, se ti non emigraches, emigrou o teu pai, e se o teu pai non necesitou mudar de sitio foi porque o teu avó, antes que el, non tivo outro remedio que irse, cargando a vida sobre as costas, en busca do pan que a súa terra negáballe. Moitos portugueses morreron afogados no río Bidasoa cando, noite escura, intentaban alcanzar a nado a beira de alá, onde se dicía que o paraíso de Francia comezaba. Centenares de miles de portugueses tiveron que someterse, na chamada culta e civilizada Europa de máis alá dos Pireneos, a condicións de traballo infames e a salarios indignos. Os que conseguiron soportar as violencias de sempre e as novas privacións, os sobrevivientes, desorientados no medio de sociedades que os desprezaban e humillaban, perdidos en idiomas que non podían entender, foron  aos poucos construíndo, con renuncias e sacrificios case heroicos, moeda a moeda, centavo a centavo, o futuro dos seus descendentes. Algúns deses homes, algunhas desas mulleres, non perderon nin queren perder a memoria do tempo en que tiveron que padecer todas as humillacións  do traballo mal pago e todas as amarguras do illamento social. Grazas sexanlles dadas por ser capaces de preservar o respecto que debían ao seu pasado. Outros moitos, a maioría, cortaron as pontes que os unían ás horas sombrías, avergoñáronse de ser ignorantes, pobres, ás veces miserables, compórtanse, en fin, coma se unha vida decente, para eles, só comezase verdadeiramente o día felicísimo en que puideron comprar o seu primeiro automóbil. Eses son os que estarán sempre dispostos a tratar con idéntica crueldade e idéntico desprezo aos emigrantes que atravesan esoutro Bidasoa, máis ancho e máis fondo, que é o Mediterráneo, onde os afogados abundan e serven de pasto aos peixes, se a marea e o vento non prefiren empuxalos ata a praia, mentres a garda civil non aparece para levantar os cadáveres. Os sobrevivientes dos novos naufraxios, os que puxeron pé en terra e non foron expulsados, terán á súa espera o eterno calvario da explotación, da intolerancia, do racismo, do odio pola súa pel, da sospeita, da humillación moral. O que antes fora explotado e perdeu a memoria de selo, explotará. O que foi desprezado e finxe esquecelo, afinará o seu propio xeito de desprezar. Ao que onte humillaron, humillará hoxe con máis rancor. E aí están, todos xuntos, tirándolles pedras ao que chega á beira de acó deste Bidasoa, coma se nunca emigrasen eles, ou os pais, ou os avós, coma se nunca sufrisen de fame e de desesperación, de angustia e de medo. En verdade, en verdade dígovos, hai certos xeitos de ser feliz que son simplemente odiosas.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeJVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas