GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

30.000 galegos estudiaban nos anos 20 grazas ás escolas rurais feitas polos emigrantes

(04/12/2018)

30.000 galegos estudiaban nos anos 20 grazas ás escolas rurais feitas polos emigrantes

O catedrático Antón Costa Rico gabou a labor de galegos como Manuel Cabanelas que favoreceros desde a emigración a formación educativa

 

04.12.2018 | Faro de Vigo

Fotografía. // Faro

 

 

 

O caterático da Historia da Educación da Universidade de Santiago, Antón Costa Rico, protagonizou na Casa do Pobo de Covelo unha conferencia sobre o papel dos nosos emigrantes na formación educativa dos estudantes galegos a través da creación de escolas rurais financiadas e sostidas a través de fundacións. Esta actividade estivo organizada pola Asociación de Veciños de Laxedo, en colaboración co Concello da Lama, dentro dos actos conmemorativos do 150 aniversario do nacemento de Manuel Barreiro Cabanelas.

 

 

Costa Rico centrouse a súa intervención en referenciar a Manuel Barreiro Cabanelas, o Conde Cabanelas, e as Colonias Escolares de Covelo como exemplo da enorme preocupación que tiñan os galegos espallados polo mundo por favorece-la formación cultural, profesional e o ensino.

 

 

Antón Costa, estudioso da incidencia da emigración galega na fundación de escolas rurais, cuantificou en máis de 500 aulas as que chegaron a funcionar dun xeito estable en diferentes lugares da xeografía galega, especialmente nas provincias de Lugo e A Coruña, na que chegaron a estar escolarizados nos anos 20 uns 30.000 cativos galegos.

 

 

Costa refeiuse a Manuel Barreiro Cabanelas como un home preocupado pola formación dos seus compatriotas e con inquedanzas culturais avanzadas que o facían ter unha elevada conciencia humana que xustificaban o seu labor altruísta. O catedrático sinalou que ese espírito de mecenazgo era bastante común entre os emigrantes galegos que saíran da súa terra coa intención de triunfar no estranxeiro e poder labrarse un porvir.

 

 

Tamén se referiu nese sentimento altruísta ao grande número de intelectuais e profesionais liberais que por motivos ideolóxicos tiveran que abandonar a súa terra e foran uns dos principais impulsores da creación de sociedades de emigrantes, circulos culturais, etc. que inspiraron moitas das accións que se fixeron aprol das comarcas de onde saían. Así, Costa referenciou varias fundacións encargadas de crear arredor de 300 escolas en zonas rurais do noso país, así como obras en infraestruturas viarias, abastecementos de auga e cemiterios.

 

 

Finalmente, Antón Costa mantivo un coloquio co público asistente e aproveito para documentar testemuñas de interese relacionadas co funcionamento e os diversos profesores e directores que pasaron polas Colonias Escolares de Covelo co fin de poder incorpora-las a posteriores traballos de investigación sobre a historia da educación en Galicia onde o Conde Cabanelas e esta institución lúdico-educativa lamense terá un papel fundamental.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeJVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas