GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DE LA INMIGRACION EN LOS AYUNTAMIENTOS DE GALICIA
Herramientas
-LegislaciónOrganismos-

Anna R. Figueiredo: «A emigración non ten nada de máxico»

(30/07/2018)

Anna R. Figueiredo: «A emigración non ten nada de máxico»

A autora obtivo o premio de novela Viadutos coa súa obra «Os bicos feridos»

 

.

x. f.
redacción / la voz 28/07/2018

A escritora Anna R. Figueiredo vén de gañar a primeira edición do premio Viadutos de novela, que organiza o Concello de Redondela. A obra premiada, Os bicos feridos, conta a historia de Olivia, unha rapaza que non encontra futuro no seu país e ten que emigrar a Londres. Chegará ás librarías o vindeiro outono, publicada pola editorial Galaxia.

 

-O xurado salientou a orixinalidade dos temas que aborda a novela. ¿Que se conta en Os bicos feridos?

 

-A novela é un reflexo do que somos como sociedade. Non hai un único fío condutor, hai moitísimas cousas que pasan ao mesmo tempo. A protagonista é unha desas rapazas á que sempre lle dixeron que estudando moito obtería un bo futuro, pero que logo non encontra traballo e ten que emigrar. Hai quen vende a emigración como unha aventura, pero é algo durísimo. A emigración non ten nada de máxico. En moitos casos non coñeces a ninguén, non tes traballo do teu e sofres os prexuízos contra os inmigrantes . Logo están as relacións familiares e a fin da adolescencia, xunto coa idea da dependencia das redes sociais, que tamén está aí. Moitas veces sacamos o móbil para compartir momentos especiais da nosa vida, sufrimos dunha especie de intrusismo dixital.

 

-Son temas moi apegados á realidade.

 

-Gústame falar da xente e contar historias complexas, nas que os personaxes sempre teñan algo que dicir, e que isto sexa actual. Personaxes que teñan profundidade e que se integran dentro da trama. Por outro lado, a realidade é complexa, e iso é o que quero retratar. Hai veces que temos relacións persoais que son mentira. Non todo é simple, creo moito nos matices particulares da vida. Outros dos temas que quixen reflectir é que moitas veces nos vemos rodeados de xente, pero que logo nos sentimos completamente sós. Hai momentos que igual non se entenden desde fóra, pero algo tan nimio como o primeiro aniversario lonxe da casa fai que te sintas completamente desarraigado, aínda que esteas con xente que te acolla de boa gana. Ese é outro dos problemas que sufre a xente que ten que emigrar.

 

-¿Como ve a súa carreira literaria?

 

-Esta é a miña primeira novela, así que de primeiras espero non quedar baleira despois de publicala. A lonxitude e a complexidade que requiren a súa escrita era algo que me daba moito respecto e moita vertixe, así que foi como un reto persoal, a ver se era capaz de escribila. Eu escribo continuamente, hai cousas que saen para adiante e outras que non. A rutina e o traballar son fundamentais. Hai dous anos decidín que este era un hobby moi bonito, pero que o quería tomar como algo máis serio. Desde aí, decidín aumentar o meu ritmo de traballo e manterme fiel a el.

 

 

Noticias y Actualidad


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeJVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contraseña:
 

 
¿Olvidó su contraseña? | Alta

OBJETIVOS | INTEGRACIÓN | HERRAMIENTAS | LEGISLACIÓN | ORGANISMOS | NOTICIAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas